Saborea Galicia

Gastronomía en Sarria

Sarria goza de merecida fama, tanto pola calidade como pola preparación dos seus produtos naturais.

Sarria goza de merecida fama, tanto pola calidade como pola súa esmerada preparación dos mesmos, nos numerosos establecementos hostaleiros de todas as categorías, que cunha boa relación calidade – prezo, converten á vila sarriá nun dos puntos de referencia á hora de falar do “bo comer”.

Somos un dos lugares punteiros en producción de carnes de porcino entre as que se atopa o Porco Celta, raza autóctona recuperada. Falar de embutidos de Sarria é dicir “calidade”. A produción realízase seguindo procedementos artesanais e estes produtos poden ser adquiridos durante todo o ano nos diferentes establecementos tales como fábricas de embutidos e carnicerías.

A carne de tenreira ten renome en todo o país, non hai que esquecer que en toda a comarca a gandería é o motor económico principal e os pastos son de gran calidade. Destaca a cría da raza “rubia galega”, pero nos últimos anos están a recuperarse outras razas autóctonas como a cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa.

As “pulpeiras”, tanto nas feiras como nas polbeiras, conseguen darlle a este cefalópodo o punto que só se logra nas terras do interior, sexa para comelo só ou con acompañamento de “cachelos” e regado cos viños das ribeiras do Sil e do Miño.

Tamén é destacable a elaboración artesanal de empanadas e pans nas nosas panaderías, este é un produto moi demandado na zona tanto polos sarriáns como polos visitantes da vila.

  • Lacón con grelos
  • Troitas e anguías
  • Embutidos tradicionais de carne de porco entre os que se inclúen a variedade de porco celta: chourizo, salchichón, roxóns prensados, etc…
  • Cocido Gallego
  • Caldo Galego
  • Polbo “*Á Feira”
  • Carne “*Ó caldeiro”
  • Callos á galega
  • Chuletón e entrecosto de tenreira á prancha
  • Churrasco
  • Empanadas (zorza, iscos, chourizo, carne, polbo, bacallau, zamburiñas, atún e tamén vexetais)
  • Verduras propias da zona (nabizas, grelos, verzas, repolo…)
  • A caza (perdiz, corzo, xabaril…)

Sobremesas

  • Filloas
  • Freixós
  • Queixo con marmelo
  • Rosca
  • Melindres
  • Torta de Améndoa
  • Torta de Castañas
  • Torta de Noces
  • Bombóns temáticos
  • Leite frito
  • Santitos