Comeza nesta vila medieval o Camiño de Santiago Francés,
a ruta da Foz das Aceas e outras excursións por Terras de Sarria.

#CaminoSarria

Camiño Francés de
Santiago desde Sarria

Vieira del Camino de Santiago

A 114 kilómetros de
Santiago, Sarria é o punto
de partida ideal.

A 114 kilómetros de Santiago, Sarria é o punto de partida ideal para comezares o Camiño Francés e conseguir a compostela se vas a pé. A vila xacobea leva acollendo peregrinos desde a Idade Media, así que ao teu paso atoparás casas brasonadas, monumentos, hospitais de peregrinos… coos que sentirás o paso do tempo.

¿Imos?
Peregina haciendo el Camino de Santiago

Camiña Sarria, sinte o paso dos séculos e reVITAliza as túas pernas e corazón

Comeza nesta vila medieval o Camiño de Santiago Francés, a ruta da Foz das Aceas e outras excursións por Terras de Sarria.

#CaminoSarria

Ruta da Foz das Aceas

Camiña ao longo do río Sarria nun belo traxecto ao que se accede desde o centro da vila. Refresca a túa mente e espíritu con esta sinxela e segura ruta circular de 6 kilómetros en pleno bosque autóctono (castiñeiros, carballos, amieiros, pradairos..).

¡Preciosa en calquera estación do ano! O traxecto é ideal tanto se te vas relaxar, como se vas camiñar ou practicar deporte. En soidade, coa túa mascota, parella, amigos ou en familia. Sinte o frescor da auga, escoita o chío dos paxaros, descansa nalgún dos bancos. O ensínalles aos teus fillos datos curiosos da flora e a fauna autóctona grazas aos carteis informativos. 5 presas, 4 muíños e 1 fervenza espéranvos. ¡Encantarávos!

¿Imos?
Roteiro das Aceas
Val do río Lóuzara
Val do río Lóuzara

Rutas en Terras de Sarria

Roteiro Fiz Vergara Vilariño. A ruta, como o seu nome indica, foi adicada á figura do ilustre escritor galego Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla de Lóuzara, concello de Samos, o 15 de abril de 1953. Unha nova ruta de sendeirismo con vistas ao río Miño.

Descubre a riqueza natural de Paradela, un concello bendecido polo Camiño Francés e que aínda ten moito que ofrecer no conxunto da Ribeira Sacra lucense. A senda, de 16 kilómetros de longo, atópase xa habilitada. Descorre entre o núcleo de Aldosende e a boca do río Loio, cun percorrido por zonas frondosas, salpicado de miradoiros.

Ver Rutas en Terras de Sarria


2
0