Monte do Páramo

Saíndo de Sarria pola Ponte da Áspera, crúzase o FFCC, e por Penagache vaise en dirección á igrexa de Maside e por O Correal e A Lagoa séguese ata Rosende polo monte de Macaque. Desde alí, pola pista do monte de Meixente (Monte Lodeiro) séguese á dereita en dirección á Serra do monte, saíndo da pista de Goián a Friolfe, ascendendo cara ao monte Páramo, onde se pode visitar o centro emisor de televisión, desde alí báixase á Capela de San Marcos, e por un atallo alcánzase a pista que vai ata o Chao de Domiz. Despois polo Sisto, Mouzós, Nabás e a Granxa de Barreiros chégase ao mesón do Romeo, e polas pistas de concentración de Maside báixase por Zanfoga ata Penagache, xa en dirección a Sarria.