Saltar ao contido

Visita — nova proposta de deseño (proba noindex)

Visita · Que ver en Sarria

Descubre toda a VIDA que te rodea

Unha vila medieval, amable e refrescante

Percorrido circular a pé15 paradasCasco histórico

Colle a mochila e vamos descubrir Sarria. Non esquezas facer algunha foto e subila ás túas redes sociais! O percorrido é circular e faise enteiro camiñando polo casco histórico.

Percorrido circular a pé

Plano do percorrido. Preme para velo a tamaño real.

Percorrido circular a pé (se abre en una ventana nueva)

O itinerario, parada a parada

Quince paradas polo casco histórico de Sarria.

Ponte Ribeira01S. XII

Ponte Ribeira

(S.XII). Cruza o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, e para en Fonte Ribeira e no conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.

Escalinata Maior02S. XIX

Escalinata Maior

(S.XIX). Sube e faite unha foto antes de acceder á zona histórica de Sarria.

Casa natal de Matías López03

Casa natal de Matías López

Era a vivenda do industrial chocolateiro, político e filántropo, introductor da moderna publicidade comercial en España.

Igrexa de Santa Mariña041885

Igrexa de Santa Mariña

(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupando o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.

Casa Baamonde05S. XIX

Casa Baamonde

(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.

Igrexa de San Salvador06S. XIII

Igrexa de San Salvador

(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.

Torre da Fortaleza07S. XIII

Torre da Fortaleza

(S.XIII). Alzada polos Condes de Sarria, derruida na “Revolta Irmandiña” e alzada de novo á conta dos vasalos das “Cinco Pobras”. En pé ata 1860. Na actualidade só se consérva unha torre de flanco.

Antiga Prisión08

Antiga Prisión

Hoxe en día alberga a Oficina de Turismo Municipal de Sarria, así como distintas actividades culturais.

Mosterio da Madalena09S. XII

Mosterio da Madalena

(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.

Ponte da Áspera10S. XVIII

Ponte da Áspera

Reconstruída no S. XVIII sobre unha ponte de orixe medieval. É un das pontes máis destacadas do Camiño de Santiago Francés.

Capela de San Lázaro11

Capela de San Lázaro

(S.XVIII). É o único resto do que foi o Hospital de San Lázaro, dedicado a curar a persoas enfermas de lepra entre os séculos XV e XVII.

Rúa Porvir12

Rúa Porvir

Se che apaixonan as antigüidades ou atopar mobles ou pezas con moita historia, esta é a túa rúa. Entra nas tendas dos anticuarios e atopa o teu tesouro.

Casa da Cultura13

Casa da Cultura

De estilo neoclásico, era o antigo edificio das Escolas Públicas e actual sede da biblioteca e salas de exposicións.

Ponte Vella do Mazadoiro14

Ponte Vella do Mazadoiro

Preciosa ponte de pedra de dous arcos

Foto: J.M. Díaz Bernárdez

Ponte Vella15

Ponte Vella

O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.

Foto: J.M. Díaz Bernárdez

Románico

Goza da arte románica en Sarria

O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un fermoso conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.

Igrexa de Stgo. de Barbadelo

Igrexa de Stgo. de Barbadelo

Do S.XII, con importantes reformas no XVIII. Aquí estivo o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. No interior, preside o sinxelo retablo a talla dun Santiago peregrino barroco.

Destaca a orixinalidade da súa iconografía: leóns, aves e serpentes ligadas aos bestiarios medievais, e complexas representacións humanas no pórtico, tímpanos, capiteis…

Monumento Nacional 1976Ben de Interese Cultural 1980

E se vés con tempo

Excursións por Terras de Sarria

Somos a cabeceira da Comarca Terras de Sarria, formada polos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. Todas elas con belas paraxes naturais.

Excursións por Terras de Sarria Excursións por Terras de Sarria Excursións por Terras de Sarria
Roteiros de sendeirismo