Goza da arte románica en Sarria

O concello de Sarria encerraba dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.

Portadas Románicas de la Comarca de Sarria

San Pedro de Froián Só conserva do románico a fronte do muro sur que corresponde a un exemplar do estilo rural máis sinxelo.

LOUSADELA. Monumento que chegou íntegro ata nós. Ten unha nave e ábsida rectangulares e os capiteis historiados do arco toral acusan recio primitivismo.

PARADELA, SANTO ANDRÉ. Conserva íntegra a fábrica primitiva. Os seus arcos altipasados e algúns elementos decorativos son prerrománicos.

Monasterio da Madalena. No claustro, porta de traza románica, con elementos decorativos de transición.

Santa María de Albán. Igrexa dunha nave que conserva as súas características tanto na porta como na ábsida.

Santiago de Barbadelo. A igrexa pertenceu ao mosteiro que no lugar tiñan os Bieitos. Porta principal moi interesante con tímpano pentagonal, porta lateral e torre da época.

Santa María de Belante. Situada como a anterior, á beira do camiño francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.

San Miguel de Biville. Totalmente reformada, respectouse da fábrica románica a porta da parede norte.

Santa María de Corvelle. Conta cunha sobria decoración cistercense na ábsida semicircular, unha porta lateral románica e un frontis moderno.

San Saturniño de Ferreiros. Moi modificada, conserva no muro norte unha porta da época.

San Martiño de Requeixo. Constitúe tamén un exemplar homildoso do románico rural da comarca.

San Salvador. Exento de decoración ao exterior. Conta cunha ábsida románica e unha porta lateral con interesante relevo de Cristo Maxestade. Frontis gótica.

San Pedro de Seteventos. Conservada completa. Interesante pía de auga bendita, procedente dun capitel de transición visigótica.