Os mosteiros
Sáese desde a Casa do Concello pola rúa Conde de Lemos. Visítase a igrexa e o cruceiro de Santiago de Farbán, e tómase a pista que hai á dereita.
Pásase por Vilariño, onde hai unha boa mostra de especies arbóreas, e pola pista da esquerda búscase a estrada de Piñeira.
Visítase a igrexa de Albán cara a San Paio de Piñeira (antigo mosteiro) e por Vilela, despois de atravesar a preciosa ponte do ferrocarril, chégase a San Miguel de Piñeira (antigo mosteiro) onde hai un cruceiro.
Pola pista ascéndese ata Cedrón (pola pista que sobe atopámonos a lagoa dos Tritós, un precioso e tranquilo lago no que abundan os tritóns ibéricos (Lissotriton boscai)) e seguindo cara ao norte da pista (antigo camiño Real de Lugo a Monforte) pola Chafarica e Abeledo pásase por Melle, e desde alí a San Martiño (antigo mosteiro) e por Rente (fermoso con campo con Robles) á igrexa de Barbadelo (antigo mosteiro). Por Vilei séguese en dirección á estrada de Portomarin e por ela se baixa cara á Sarria.