#DESCANSOENSARRIA

Zonas para relaxarte

Tras unha grande xornada de camiñada ou de visita turística por Sarria ou a súa comarca, necesitas un bon lugar onde durmir y reVITAlizarte. Somos conscientes do necesario dun bon descanso, tanto físico como mental. Os peregrinos chegan esgotados e os turistas necesitan espazos de tranquilidade para non facer nada ou para que os seus peques poidan xogar. En Sarria vas atopar variados espazos libres e áreas recreativas, tanto en zonas urbanas como naturais, que se benefician dos belos entornos dos nosos ríos (Sarria, Celeiro e Loio). Ti elixes, aquí algunhas propostas:

Parque do Chanto
Foto: Víctor Formoselle

Parque de Castro Agrasar.

É unha área verde ao lado do río Celeiro con merendeiro, parque infantil e aparcamento. Ten tamén un anfiteatro ao aire libre, do escultor sarriao Xosé Díaz Fuentes, formado por esculturas de gran tamaño.

Praza da Vila.

Fai unha parada nesta amable praza rodeada de Villa Andrea, Villa Aurelia e a Capela do Marqués, e que conta cun anfiteatro. Os máis peques poderán xogar con seguridade no parque infantil.

Miradoiro da Cárcere.

Permite contemplar a Veiga de Sarria. Ten unha pequena área de descanso con mesas e bancadas de pedra e un cruceiro. Resalta o escudo de Sarria feito en mosaico.

Campo de golf de Sarria

Animámoste a pasar un día diferente en El Pilar, un campo de golf público enmarcado nun belo entorno natural, rodeado de castiñeiros e carballos centenarios. Ten un percorrido de 9 buratos, par 3 homologado.

Parque do Chanto.

Aproveita este amplo espazo verde no río Sarria con praia fluvial (en recuperación), piscinas públicas, pistas e pavillóns polideportivos, parque infantil e merendeiro.

Monte de Santa Cristina.

Desde onde poderás deleitarte da magnífica vista da Veiga de Sarria.

Paseo do Malecón.

Desfruta dun paseo peonil á beira do río Sarria dentro do entorno urbano. Senta a tomar algo e intégrate cos sarriaos. Os muíños de Ponte Ribeira e Toleiro completan o animado percorrido. Ao carón da Ponte Ribeira poderás ver a escultura “Homenaje al peregrino” da escultora María Carretero. ¡Un paseo con moita vida!

Monte de San Marco.

Contempla grande parte da comarca desde este miradoiro natural, situado a lado do Monte Páramo.

murallon somoza
Ruta da Foz das Aceas
praza sta marina somoza
Feculera. Barrio Estación. Foto: Manuel Somoza

¿Ónde durmir en Sarria?

Ven comprobar a hospitalidade dos variados establecementos, para todos os gustos e petos.
Hoteis, casas de turismo rural, pensións, albergues, camping ou área de autocaravanas.
En calquera deles atoparáste a gusto.

Carretera de Pintín km14 Aguiada (Calvor)
Plz. Constitución Nº4
Calle Mayor N 48 sarria, lugo
Albergue Barullo, Plaza de Galicia 40 bajo, 27600, Sarria
Fray Luis de Granada, 54 Bajo 27600 Sarria Lugo
Carballal número 3, 27619 vilar de Sarria , Lugo
Hotel Restaurante Roma, Rúa da Liberdade, 2, 27600 - Sarria (Lugo)
CALLE AMENEIRZAS 8, 27600 SARRIA
Rúa Peregrino, nº 37
Load More
5
0