01S. XIIPonte Ribeira
(S.XII). Cruza o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, e para en Fonte Ribeira e no conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.
Visita · Que ver en Sarria
Unha vila medieval, amable e refrescante
Colle a mochila e vamos descubrir Sarria. Non esquezas facer algunha foto e subila ás túas redes sociais! O percorrido é circular e faise enteiro camiñando polo casco histórico.
Plano do percorrido. Preme para velo a tamaño real.
Quince paradas polo casco histórico de Sarria.
01S. XII(S.XII). Cruza o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, e para en Fonte Ribeira e no conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.
02S. XIX(S.XIX). Sube e faite unha foto antes de acceder á zona histórica de Sarria.
03Era a vivenda do industrial chocolateiro, político e filántropo, introductor da moderna publicidade comercial en España.
041885(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupando o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.
05S. XIX(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.
06S. XIII(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.
07S. XIII(S.XIII). Alzada polos Condes de Sarria, derruida na “Revolta Irmandiña” e alzada de novo á conta dos vasalos das “Cinco Pobras”. En pé ata 1860. Na actualidade só se consérva unha torre de flanco.
08Hoxe en día alberga a Oficina de Turismo Municipal de Sarria, así como distintas actividades culturais.
09S. XII(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.
10S. XVIIIReconstruída no S. XVIII sobre unha ponte de orixe medieval. É un das pontes máis destacadas do Camiño de Santiago Francés.
11(S.XVIII). É o único resto do que foi o Hospital de San Lázaro, dedicado a curar a persoas enfermas de lepra entre os séculos XV e XVII.
12Se che apaixonan as antigüidades ou atopar mobles ou pezas con moita historia, esta é a túa rúa. Entra nas tendas dos anticuarios e atopa o teu tesouro.
13De estilo neoclásico, era o antigo edificio das Escolas Públicas e actual sede da biblioteca e salas de exposicións.
14Preciosa ponte de pedra de dous arcos
Foto: J.M. Díaz Bernárdez
15O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.
Foto: J.M. Díaz Bernárdez
Románico
O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un fermoso conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.

Do S.XII, con importantes reformas no XVIII. Aquí estivo o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. No interior, preside o sinxelo retablo a talla dun Santiago peregrino barroco.
Destaca a orixinalidade da súa iconografía: leóns, aves e serpentes ligadas aos bestiarios medievais, e complexas representacións humanas no pórtico, tímpanos, capiteis…
E se vés con tempo
Somos a cabeceira da Comarca Terras de Sarria, formada polos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. Todas elas con belas paraxes naturais.
