Goza do arte románico en Sarria
O concello de Sarria encerraba dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románico en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.
LOUSADELA. Monumento que chegou íntegro ata nós. Ten unha nave e ábsida rectangulares e os capiteis historiados do arco toral acusan recio primitivismo.
PARADELA, SANTO ANDRÉ. Conserva íntegra a fábrica primitiva. Os seus arcos altipasados e algún elementos decorativos son prerrománicos.
San Fiz de Reimóndez. Subsiste da fábrica románica. Conta cunha ábsida semicircular moi homildosa.
Monasterio da Madalena. No claustro, porta de traza románica, con elementos decorativos de transición.
Santa María de Albán. Iglesia de una nave que conserva sus características tanto en puerta como en ábside.
Santiago de Barbadelo. A igrexa pertenceu ao mosteiro que no lugar tiñan os Bieitos. Porta principal moi interesante con tímpano pentagonal, porta lateral e torre da época.
Santa María de Belante. Situada como a anterior, á beira do camiño francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.
San Miguel de Biville. Totalmente reformada, respectouse da fábrica románica a porta da parede norte.
San Salvador. Exento de decoración ao exterior. Conta cunha ábsida románica e unha porta lateral con interesante relevo de Cristo Maxestade. Frontis gótica.