Calendario Inmersivo de Sarria

Aviso para usuarios de lectores de pantalla

O seguinte contido baséase en grande medida en contido de vídeo en movemento e nas interaccións do rato. Polo tanto, non é moi accesible para os lectores de pantalla. Móstranse videos curtos, un dron realiza vós relacionados con paisaxes e panorámicas de Sarria e a súa comarca, ordenados polas estacións do ano. Ir directamente ao índice de contidos

Descubre Terras de Sarria

¡Déixate inspirar!

Control de vídeo

Unha vila medieval, amable e refrescante

Unha reVITAlizante parada no kilómetro 114 do Camiño de Santiago Francés para desfrutar do patrimonio dunha amable vila medieval e da natureza, lendas e tradicións de Galicia.

#CamiñoenSarria

Praza da Vila. Foto Manuel Somoza
Praza da Vila. Foto Manuel Somoza

Sarria quere ser o KM. 0 no teu Camiño

Sarria pode ser un punto de partida se queres conseguir a Compostela ou unha parada na túa peregrinaxe. Pero tamén o inicio dunha viaxe por unha comarca chea de vida, patrimonio e tradicións culturais e gastronómicas. Sexa como sexa, tí serás parte de Sarria durante a túa estancia. Desfrútaa, tanto se dispós de un ou máis días. Ven sentir a súa natureza, a súa historia, a súa amabilidade.

Sarria é o inicio, é VIDA, é AUGA de…

  • BÁGOAS dunha meiga que encheron o
  • RÍO Sarria que deu nome á vila.
  • NEVE que cobre de branco os montes próximos.
  • ROCÍO que atopa o peregrino no seu camiño rumbo a Santiago.
  • XEADA que renxe ao pisar as follas caídas nos carreiros.
  • CHOIVA que fai medrar os pastos e bosques, que coas súas castañas e landras nutren a rubia galega e o porco celta.
  • AUGA para pór en remollo as sete herbas de San Xoán.
Río Sarria. Foto Manuel Somoza.
Río Sarria. Foto Manuel Somoza.

Da o primeiro paso do teu #CamiñoenSarria, elixe o teu PLAN en Sarria

#camiñosarria

Camiña

A 114 kilómetros de Santiago, Sarria é o punto de partida perfecto se queres conseguir a Compostela. Pero tamén para desfrutar de apacibles paseos polo casco histórico ou que bordean o río Sarria, como a Ruta das Aceas e o Paseo do Malecón.Unha vila medieval chea de historia, tradición xacobea e ¡vida! Que vibra con peregrinos, chegados doutras cidades de Galicia, de España e doutros países. Todos eles levan impregnando durante séculos o carácter amable e hospitalario das persoas que viven e traballan en Sarria. Inicia o teu #CamiñoenSarria e consigue a Compostela.

Peregina haciendo el Camino de Santiago

#visitosarria

Visita

En Sarria temos plans adaptados a ti. Se só dispós de 1 día recomendámosche unha visita circular pola vila, parando nos monumentos, igrexas e edificios históricos. Se son 2 días, desfruta tamén do noso entorno natural, parques e áreas recreativas en torno ao río. Pero se tes a sorte de contar con máis días, fai excursións pola comarca Terras de Sarria, Samos, Ribeira Sacra, Courel ou Ancares. En calquera destes 3 plans tenta sentir, desfrutar dos detalles.

Do rico cheiro a pan recén feito do Museo do Pan, do sabor dos productos máis frescos das feiras semanais, dunha boa conversa nalgún lugar con encanto, da sensación de entrar noutra época cando visitas unha tenda de antigüidades da rúa Porvir, de ver a vacas e porcos pastar ceives por prados e montes, dos sons da ribeira do río…

sauces chanto somoza
Puplo á Feira
Queimada do cocido do porco Celta
A Unión. Foto Manuel Somoza
Brasas
#saboreosarria

Sarria deixaráche un bon sabor de boca

Desfruta dun sabroso chuletón de tenreira galega que se desfai na boca, un espectacular cocido de porco celta ou do lacón con grelos. Así como de variados e saborosos embutidos tradicionais. Pero se es máis de verde, proba verduras da zona (nabizas, grelos ou berzas) e receitas preparadas con elas, como o caldo galego. E non marches de Sarria sen probar o pulpo á feira, os postres máis típicos ou o pan e empanadas artesanais de todo tipo. Saborea Sarria en bares, restaurantes, feiras ou comercios locais.

Descansa

Despois dunha intensa xornada de camiñada ou visita polas Terras de Sarria necesitas un bon lugar no que durmir e descansar. En Sarria levamos recibindo peregrinos do Camiño de Santiago Francés e visitantes desde a Idade Media. Así, tí tan só terás que elexir entre acolledores establecementos para todos os gustos e petos: Hoteis, casas de turismo rural, pensións, albergues, camping ou área de autocaravanas. Descansa en Sarria e comproba a hospitalidade dos sarriaos.

O Chanto. Foto Manuel Somoza
O Chanto. Foto Manuel Somoza
Entroido en Sarria
Foto: Víctor Formoselle
#disfrutosarria

Disfruta

Cando viaxas buscas moito máis que cousas que ver, buscas novas experiencias e estar a gusto en cada lugar. E iso telo en Sarria: festas, feiras, festivais, folclore, deporte, música, poesía… durante todo o ano. Pero o que diferencia a Sarria son as persoas: aldeáns, feirantes, comerciantes, hosteleiros, peregrinos de todas partes que forman un precioso arco da vella de persoas que te contaxiarán a súa vitalidade. Desfruta Sarria de xaneiro a decembro, consulta a axenda de eventos.

Feira de Antigüidades de San Lázaro

Programación da Feira Exposición de bonsáis – Asociación El Serbal. Demostración e exposición de cerámica [...]

Descubrindo Sarria con Guido Guía

Desde xuño o Concello de Sarria ofrécevos un ciclo de actividades moi especial: paseos guiados [...]

10
3