Descubre toda a VIDA que a rodea.
Unha vila medieval, amable e refrescante.
Vés de visita? Fagamos un percorrido polas zonas máis reseñables da vila, como o mosteiro da Madalena, a Praza da Vila, a igrexa de Santa Mariña coa súa preciosa praza, O Chanto, ou o paseo do Malecón.

#VISITOSARRIA
Percorrido circular a pé
A que é marabilloso poder esquecerte do tráfico?
Colle a mochila e imos descubrir Sarria.
Non te esquezas de facer algunha foto e subila ás túas redes sociais!
1 – Ponte Ribeira
(S.XII). Cruza o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, e para en Fonte Ribeira e no conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.
2 – Escalinata Maior
(S.XIX). Sube e faite unha foto antes de acceder á zona histórica de Sarria.
3 – Casa natal de Matías López
Era a vivenda do industrial chocolateiro, político e filántropo, introductor da moderna publicidade comercial en España.
4 – Igrexa de Santa Mariña
(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupando o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.
5 – Casa Baamonde
(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.
6 – Igrexa de San Salvador
(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.
7 – Torre da Fortaleza
(S.XIII). Alzada polos Condes de Sarria, derruida na “Revolta Irmandiña” e alzada de novo á conta dos vasalos das “Cinco Pobras”. En pé ata 1860. Na actualidade só se consérva unha torre de flanco.
8 – Antiga Prisión
Hoxe en día alberga a Oficina de Turismo Municipal de Sarria, así como distintas actividades culturais.
9 – Mosterio da Madalena
(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.
10 – Ponte da Áspera
Reconstruída no S. XVIII sobre unha ponte de orixe medieval. É un das pontes máis destacadas do Camiño de Santiago Francés.
11 – Capela de San Lázaro
(S.XVIII). É o único resto do que foi o Hospital de San Lázaro, dedicado a curar a persoas enfermas de lepra entre os séculos XV e XVII.
12 – Rúa Porvir
Se che apaixonan as antigüidades ou atopar mobles ou pezas con moita historia, esta é a túa rúa. Entra nas tendas dos anticuarios e atopa o teu tesouro.
13 – Casa da Cultura
De estilo neoclásico, era o antigo edificio das Escolas Públicas e actual sede da biblioteca e salas de exposicións.
14 – Ponte Vella do Mazadoiro
Preciosa ponte de pedra de dous arcos
15 – Ponte Vella
Goza da arte románica en Sarria
O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.
Percorrido polo románico SarriaoIgrexa de Stgo. de Barbadelo
Do S. XII, con importantes reformas no XVIII. Aquí estivo o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. No interior, preside o sinxelo retablo a talla dun Santiago peregrino barroco. Foi declarada Monumento Nacional en 1976 e Ben de Interese Cultural en 1980, e é unha das igrexas máis admiradas do Camiño de Santiago. Destacan a orixinalidade da súa iconografía: leóns, aves e serpes vinculados aos bestiarios medievais, e complexas representacións humanas en pórtico, tímpanos, capiteis…


Excursións por Terras de Sarria
Somos a cabeceira da Comarca Terras de Sarria, formada polos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. Todas elas con belas paraxes naturais.