(S.XIII). Alzada polos Condes de Sarria, derruida na “Revolta Irmandiña” e alzada de novo á conta dos vasalos das “Cinco Pobras”. En pé ata 1860. Na actualidade só se consérva unha torre de flanco.
(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.
(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupa o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.
A “Escaleira da Fonte” ou Escalinata Maior construíuse a mediados do século XIX e é un elemento moi representativo do Camiño de Santiago Francés, xa que dá acceso á zona antiga da localidade.
Era a vivenda do industrial chocolateiro, político e filántropo, introductor da moderna publicidade comercial en España.
(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.
Hoxe en día alberga a Oficina de Turismo Municipal de Sarria, así como distintas actividades culturais.
Ponte medieval do século XII que atravesa o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, ata Fonte Ribeira e o conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.







