Situada á beira do Camiño Francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.
Contempla grande parte da comarca desde este miradoiro natural, situado a lado do Monte Páramo e no que hai unha capela e unha pequena necrópole formada por tres sepulturas excavadas na rocha.
A Panadaría Pallares, un dos establecementos máis emblemáticos de Sarria, recolleu o legado das xeracións anteriores. Reunen unha mostra de utensilios, incentivados por conservar e restaurar os empregados desde os seus inicios no ano 1876. Recolléronse fotos, maquinaria e un conxunto de obxetos que nos transportan ao pasado século XX e que fan deste espazo […]
Animámoste a pasar un día diferente en El Pilar, un campo de golf público enmarcado nun belo entorno natural, rodeado de castiñeiros e carballos centenarios. Ten un percorrido de 9 buratos, par 3 homologado.
Desfruta dun paseo peonil á beira do río Sarria dentro do entorno urbano. Senta a tomar algo e intégrate cos sarriaos. Os muíños de Ponte Ribeira e Toleiro completan o animado percorrido. Ao carón da Ponte Ribeira poderás ver a escultura “Homenaje al peregrino” da escultora María Carretero. ¡Un paseo con moita vida!
Amplo espazo verde no río Sarria con praia fluvial (en recuperación), piscinas públicas, pistas e pavillóns polideportivos, parque infantil e merendeiro.
Permite contemplar a Veiga de Sarria. Ten unha pequena área de descanso con mesas e bancadas de pedra e un cruceiro. Resalta o escudo de Sarria feito en mosaico.
Amable praza rodeada de Villa Andrea, Villa Aurelia e a Capela do Marqués, e que conta cun anfiteatro. Os máis peques poderán xogar con seguridade no parque infantil.
É unha área verde ao lado do río Celeiro con merendeiro, parque infantil e aparcamento. Ten tamén un anfiteatro ao aire libre, do escultor sarriao Xosé Díaz Fuentes, formado por esculturas de gran tamaño.









