Moi modificada, conserva no muro norte unha porta da época.
Este templo románico, cunha fábrica visigoda anterior, pódese datar arredor do ano 1170. Atópase nun estado de conservación relativamente bo.
Conta cunha sobria decoración cistercense na ábsida semicircular, unha porta lateral románica e unha frontis moderna.
“Grazas ao seu sorprendente illamento, Santo Estevo de Lousadela conservouse practicamente inalterado desde o século XII. Paga a pena deterse a contemplar os canzorros que sosteñen as cornixas e, como non, gozar do seu interior se temos a oportunidade.”
Só conserva do románico a fronte do muro sur que corresponde a un exemplar do estilo rural máis sinxelo.
Totalmente reformada, respectouse da fábrica románica a porta da parede norte.
Totalmente reformada, respectouse da fábrica románica a porta da parede norte.
(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.
(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.
Situada á beira do Camiño Francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.








