Roteiro Foz das Aceas

Roteiro das Aceas

Roteiro que discorre á beira do río Sarria e ao que se accede desde o centro da vila. Sinxela e segura ruta circular de 6 kilómetros en pleno bosque autóctono (castiñeiros, carballos, amieiros, pradairos..).e berce de contos fantásticos con infinitos misterios. As Aceas garda no seu interior secretos, como a Cova de Gaspar, onde segundo […]

Camiño de Santiago

A octocentenaria vila de Sarria foi lugar de paso de peregrinos dende a Idade Media polo que a súa historia está vencellada ás peregrinacións. A meirande parte dos peregrinos elixen Sarria, lugar onde Alfonso IX rematou a súa peregrinación, para comezar a súa, xa que Sarria se atopa a 114 km. de Santiago de Compostela, […]

Entroido

Entroido

O Domingo de Entroido celébrase un desfile de comparsas e carrozas qe percorren as rúas da vila e o luns hai diferentes eventos de bailes de disfraces.

Festas patronais do San Xoan

Festas patronais do San Xoan

Do 23 ao 27 de xuño Sarria é unha gran festa popular. Todo xira ao redor de San Xoán e ao solsticio de verán. Entre os actos máis destacados están: o nomeamento do Tamborileiro de Honra, desfile das Pampónigas e a Noite do lume, coa popular fogueira e queimada da noite de San Xoán (23) […]

Magostos

Magostos

Veciños e distintas asociacións organizan enxebres magostos onde o lume, as castañas e o viño novo son os protagonistas das rúas e prazas.

Xuntanza de palilleiras

Xuntanza de palilleiras

A Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria organiza a Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais “Vila de Sarria”, un encontro que reúne persoas de todas as idades arredor da arte do encaixe e das labores tradicionais. A actividade mantén viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e promove o relevo entre novas […]