Contempla grande parte da comarca desde este miradoiro natural, situado a lado do Monte Páramo e no que hai unha capela e unha pequena necrópole formada por tres sepulturas excavadas na rocha.
Animámoste a pasar un día diferente en El Pilar, un campo de golf público enmarcado nun belo entorno natural, rodeado de castiñeiros e carballos centenarios. Ten un percorrido de 9 buratos, par 3 homologado.
Desfruta dun paseo peonil á beira do río Sarria dentro do entorno urbano. Senta a tomar algo e intégrate cos sarriaos. Os muíños de Ponte Ribeira e Toleiro completan o animado percorrido. Ao carón da Ponte Ribeira poderás ver a escultura “Homenaje al peregrino” da escultora María Carretero. ¡Un paseo con moita vida!
Amplo espazo verde no río Sarria con praia fluvial (en recuperación), piscinas públicas, pistas e pavillóns polideportivos, parque infantil e merendeiro.
Permite contemplar a Veiga de Sarria. Ten unha pequena área de descanso con mesas e bancadas de pedra e un cruceiro. Resalta o escudo de Sarria feito en mosaico.
Amable praza rodeada de Villa Andrea, Villa Aurelia e a Capela do Marqués, e que conta cun anfiteatro. Os máis peques poderán xogar con seguridade no parque infantil.
É unha área verde ao lado do río Celeiro con merendeiro, parque infantil e aparcamento. Ten tamén un anfiteatro ao aire libre, do escultor sarriao Xosé Díaz Fuentes, formado por esculturas de gran tamaño.






