Este templo románico, cunha fábrica visigoda anterior, pódese datar arredor do ano 1170. Atópase nun estado de conservación relativamente bo.
Conta cunha sobria decoración cistercense na ábsida semicircular, unha porta lateral románica e unha frontis moderna.
“Grazas ao seu sorprendente illamento, Santo Estevo de Lousadela conservouse practicamente inalterado desde o século XII. Paga a pena deterse a contemplar os canzorros que sosteñen as cornixas e, como non, gozar do seu interior se temos a oportunidade.”
Só conserva do románico a fronte do muro sur que corresponde a un exemplar do estilo rural máis sinxelo.
Totalmente reformada, respectouse da fábrica románica a porta da parede norte.
Situada á beira do Camiño Francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.
A igrexa pertenceu ao mosteiro que no lugar tiñan os Bieitos. Porta principal moi interesante con tímpano pentagonal, porta lateral e torre da época. Ben de Interese Cultural (BIC) dende 2008
(S.XVIII). É o único resto do que foi o Hospital de San Lázaro, dedicado a curar a persoas enfermas de lepra entre os séculos XV e XVII.
(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.
(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupa o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.









