Xardín Vertical

Xardin vertical

O xardín vertical de Sarria, promovido polo Concello e financiado con fondos europeos, é un proxecto de arquitectura paisaxista que transforma a fachada dunha vivenda fora de ordenación no Camiño Francés. Convertido en fito visual e ecolóxico, reforza a identidade urbana e a sustentabilidade sen alterar a memoria histórica do lugar.

Vila Andrea

Vila Andrea

Villa Andrea é unha histórica vivenda promovida en 1880 polo industrial chocolatero Matías López López, vinculada ao nome da súa muller. Situada na actual Praza da Vila, corazón de Sarria, acolleu persoeiros ilustres como Emilia Pardo Bazán e mesmo funcionou como hospital durante a Guerra Civil. O seu xardín converte este espazo nun lugar de […]

Vila Aurelia (Sociedad Recreativa La Unión)

Vila Aurelia

A Unión, sociedade cultural e recreativa fundada en 1919, é un referente da vida social de Sarria. Dende 1931 ten a súa sede en Villa Aurelia, edificio e xardíns adquiridos en 1965, converténdose nun símbolo da convivencia e participación cidadá. Outra das casas señoriais do século XIX é a coñecida como «Quinta dos Madrileños», impulsada […]

Rúa Porvir

Rua Porvir

Se che apaixonan as antigüidades ou atopar mobles ou pezas con moita historia, esta é a túa rúa. Entra nas tendas dos anticuarios e atopa o teu tesouro.

Casa Baamonde

Casa Baamonde

(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.

Escalinata Maior

Escalinata Maior

A “Escaleira da Fonte” ou Escalinata Maior construíuse a mediados do século XIX e é un elemento moi representativo do Camiño de Santiago Francés, xa que dá acceso á zona antiga da localidade.