Todo o que necesitas saber

Información turística

Xeografía

¿Cómo chegar?

Sarria, cabeceira histórica dunha extensa e fértil comarca de case 1.000 km² chamada Terras de Sarria, composta por 7 concellos, está situada nunha encrucillada de camiños a 31 km ao sur da cidade de Lugo, e no punto kilométrico 114 no Camiño de Santiago Francés.

O concello ocupa unha posición central na metade sur da provincia de Lugo, que o converte nun enclave privilexiado e un lugar ideal como campamento base para percorrer a provincia pola súa proximidade ás Serras Orientais de Courel e Ancares, á Ribeira Sacra e ao centro histórico de Lugo. Limita ao norte cos concellos de O Páramo e Láncara, ao leste co de Samos, e a 20km de Triacastela nesta dirección; ao oeste co de Paradela e, finalmente ao sur co do Incio.

O núcleo urbano de Sarria, moi ben comunicado, está atravesado pola LU-546 que é a estrada que une Lugo con Ourense, pasando por Monforte; outra posibilidade para chegar a Lugo ou Monforte é a Vía de Altas Prestacións CG 2.2. Concorren outras vías: a de Becerreá (LU-636), e a que ven de Pedrafita e pasa por Samos e Portomarín (LU-633)

Sarria tamén conta coa liña ferroviaria de A Coruña – Monforte de Lemos.

Distancias por estrada:

  • Lugo: 31km. (Tempo aproximado 25 min.)
  • Monforte: 32km. (Tempo aproximado 25 min.)
  • Ribadeo: (Tempo aproximado 1h 30min.)
  • A Coruña: 120km. (Tempo aproximado 55min.)
  • Ferrol: 126km. (Tempo aproximado 1h 10min.)
  • Santiago de Compostela: 116km. (Tempo aproximado 1h 30min)
  • Ourense: 73km. (Tempo aproximado 55 min.)
  • Pontevedra: 144km. (Tempo aproximado 2h 20min.)
  • Vigo: 161km. (Tempo aproximado 1h 20min.)

EN AUTOBÚS

  • Monbus
    • Lugo
    • Santiago de Compostela (realizando paradas en localidades do Camiño de Santiago)
    • Pedrafita do Cebreiro (realizando paradas en localidades do Camiño de Santiago)
    • Monforte de Lemos

Máis información e horarios: www.monbus.es Telf: 902 292 900

  • Epsa (Empresa Portomarín)
    • Triacastela
    • Pedrafita do Cebreiro
    • Samos
    • Portomarín
    • Palas de Rei

Máis información e horarios:https://empresaportomarin.com/noticias/rutas Telf: 627980138

EN TREN

  • Estación de tren de Sarria.
    • Trenes directos con localidades principais:
      • Lugo
      • Betanzos
      • A Coruña (enlace con Santiago de Compostela)
      • Monforte de Lemos
      • Ourense (enlace con Santiago de Compostela e Madrid en alta velocidade (AVE))
      • O Barco de Valdeorras
  • Territorio Nacional:
    • Madrid (Pasando por Segovia, Medina del Campo, Zamora, Puebla de Sanabria – Ave con enlace en Ourense).
    • Barcelona (pasando por Ponferrada, León, Palencia, Vitoria, Pamplona, Zaragoza, Lleida) con enlace Monforte de Lemos ou con enlace en Madrid Pasando por Segovia, Medina del Campo, Zamora, Puebla de Sanabria – (Ave con enlace en Ourense).

Máis información e horarios: www.renfe.com

EN AVIÓN (aeroportos máis próximos)

  • A Coruña – Alvedro (LCG): www.aena.es
  • Santiago de Compostela – Lavacolla (Rosalía de Castro) (SCQ): www.aena.es
  • Vigo – Peinador (VG): www.aena.es

Clima e tempo

O clima de Sarria combina características dun clima oceánico con influencia continental, como consecuencia da distancia do mar (90km) e a súa situación dentro dun val.

Os invernos son fríos, con xeadas frecuentes, e os veráns suaves, sendo os meses con temperaturas máis baixas de novembro a marzo, cunha temperatura media de 6 °C; e os meses con temperaturas máis altas son xullo e agosto, cunha temperatura media de 18 °C. A oscilación térmica é de 13 °C.

A primavera chega a Sarria normalmente nalgún momento de marzo / abril. Os días alónganse rápidamente e son máis cálidos, o que atrae á xente ó val mentres a natureza florece ao seu redor.

Para coñecer as últimas previsións meteorolóxicas, consulte o sitio web https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?idZona=27028 do Instituto Meteorolóxico de Galicia.

Electricidade

Voltaxe: 220-240 voltios. As tomas de corrente son dun dos dous tipos de enchufes estándar europeos: “Tipo C” Europlug e “Tipo E/F” Schuko.

Servizos postais

As oficinas de correos están abertas de 8:30 a 14:30h de luns a venres. Os buzóns amarelos están disponibles para a súa recollida os días laborables.

Os selos pódense comprar nas oficinas de correos, librerías, quioscos e hoteis.

A Oficina Xeral de Correos de Sarria está situada en C/ Calvo Sotelo, 183.

Números de emerxencia

O teléfono da Policía Local é 982530850 e o xeral de Emerxencias é 112.

Farmacia e atención médica

Hai varias farmacias na vila. Busque o cartel “Farmacia”, coa cruz verde. Pode atopar a Farmacia de Guardia (24h) na web do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo

Servizo de urxencias:

Centro de Saúde / Ambulatorio, Rúa do Toleiro, +34 982 53 21 11, Aberto as 24 horas.

¿Tes algunha outra consulta?

Chámanos ao +34 982 53 50 00

1
0