Descubre toda a VIDA que a rodea.

Unha vila medieval, amable e refrescante.

Vés de visita? Fagamos un percorrido polas zonas máis reseñables da vila, como o mosteiro da Madalena, a Praza da Vila, a igrexa de Santa Mariña coa súa preciosa praza, O Chanto, ou o paseo do Malecón.

Praza de Stª Mariña

#VISITOSARRIA

Percorrido circular a pé

A que é marabilloso poder esquecerte do tráfico?
Colle a mochila e imos descubrir Sarria.
Non te esquezas de facer algunha foto e subila ás túas redes sociais!

Mapa de Sarria

1 – Ponte Ribeira

(S.XII). Cruza o río Sarria polo trazado do Camiño Francés, e para en Fonte Ribeira e no conxunto escultórico “Homenaxe ao peregrino”.

Ponte Ribeira. Foto JM Díaz Bernárdez
Ponte Ribeira. Foto JM Díaz Bernárdez

2 – Escalinata Maior

(S.XIX). Sube e faite unha foto antes de acceder á zona histórica de Sarria.

Escalinata Maior. Foto Manuel Somoza
Escalinata Maior. Foto Manuel Somoza

3 – Casa natal de Matías López

Era a vivenda do industrial chocolateiro, político e filántropo, introductor da moderna publicidade comercial en España.

Casa Natal Matías López
Casa Natal Matías López. Foto Manuel Somoza

4 – Igrexa de Santa Mariña

(1885). Situada na antiga praza do mercado, ocupando o solar dunha antiga igrexa románica do S. XIII.

5 – Casa Baamonde

(S. XIX). Dende 1920 é a Casa do Concello. Na fachada principal atópase a escultura pétrea de Alfonso IX de León e Galicia.

Campo da Feira de Sarria. Foto Víctor Formoselle
Casa Baamonde. Foto Víctor Formoselle

6 – Igrexa de San Salvador

(S. XIII). Mostra algún elemento románico e arcos e portas góticas. Destacan no exterior as ferraxes medievais e capiteis con cabezas humanas, rolos, a Árbore da Vida, rosetas e puntas de cravo.

7 – Torre da Fortaleza

(S.XIII). Alzada polos Condes de Sarria, derruida na “Revolta Irmandiña” e alzada de novo á conta dos vasalos das “Cinco Pobras”. En pé ata 1860. Na actualidade só se consérva unha torre de flanco.

8 – Antiga Prisión

Hoxe en día alberga a Oficina de Turismo Municipal de Sarria, así como distintas actividades culturais.

Antiga Prisión. Foto Víctor Formoselle
Antiga Prisión. Foto Víctor Formoselle

9 – Mosterio da Madalena

(S.XII). Fundado como hospital e refuxio de descanso de peregrinos, por dous frades italianos. Hoxe rexido pola Orde da Mercé. Un dos monumentos máis representativos de Sarria.

10 – Ponte da Áspera

Reconstruída no S. XVIII sobre unha ponte de orixe medieval. É un das pontes máis destacadas do Camiño de Santiago Francés.

11 – Capela de San Lázaro

(S.XVIII). É o único resto do que foi o Hospital de San Lázaro, dedicado a curar a persoas enfermas de lepra entre os séculos XV e XVII.

Capilla de San Lázaro
Capilla de San Lázaro. Foto Concello

12 – Rúa Porvir

Se che apaixonan as antigüidades ou atopar mobles ou pezas con moita historia, esta é a túa rúa. Entra nas tendas dos anticuarios e atopa o teu tesouro.

Rúa Porvir. Foto Víctor Formoselle
Rúa Porvir. Foto Víctor Formoselle

13 – Casa da Cultura

De estilo neoclásico, era o antigo edificio das Escolas Públicas e actual sede da biblioteca e salas de exposicións.

Casa da Cultura
Casa da Cultura. Foto Víctor Formoselle

14 – Ponte Vella do Mazadoiro

Preciosa ponte de pedra de dous arcos

15 – Ponte Vella

Ponte Vella. Foto JM Díaz Bernárdez
Ponte Vella. Foto JM Díaz Bernárdez
Feculera. Barrio Estación. Foto: Manuel Somoza
malecon sarria somoza
Monasterio da Madalena
rexao sta marina somoza

Goza da arte románica en Sarria

O concello de Sarria encerra dentro dos seus extremos un bonito conxunto de arte románica en igrexas da vila e rurais. Hoxe en día aínda podes gozar da súa beleza.

Percorrido polo románico Sarriao

Igrexa de Stgo. de Barbadelo

Do S. XII, con importantes reformas no XVIII. Aquí estivo o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. No interior, preside o sinxelo retablo a talla dun Santiago peregrino barroco. Foi declarada Monumento Nacional en 1976 e Ben de Interese Cultural en 1980, e é unha das igrexas máis admiradas do Camiño de Santiago. Destacan a orixinalidade da súa iconografía: leóns, aves e serpes vinculados aos bestiarios medievais, e complexas representacións humanas en pórtico, tímpanos, capiteis…

Iglesia de Santiago de Barbadelo
Iglesia de Santiago de Barbadelo
Mapa da Comarca de Sarria
Foto: José María Díaz Bernárdez

Excursións por Terras de Sarria

Somos a cabeceira da Comarca Terras de Sarria, formada polos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. Todas elas con belas paraxes naturais.

Rutas de Senderismo