Ruta do Monte de Sta. Cristina
Sáese da praza da Vila pola Rúa Matías López en dirección Lugo. Ao chegar ás Pontes Novas do Mazadoiro, cóllese á esquerda e pola Rúa da Fábrica séguese ata Treilán, onde se pode ver a Casa Sarry (antiga curtidora de coiros). Seguimos pola estrada de Goián en dirección a Santalla de Arxemil, cóllese a pista da “Entulleira de lixo” e sóbese cara ao monte de Sta. Cristina por unha pista de terra. Búscase a pista ascendente, e desde o miradoiro contémplase a magnífica vista da Veiga. Subimos ata a cima e descendemos pola saia Norte en dirección á Fonte de Valmao, desde onde, pola estrada de Lugo, regrésase a Sarria.