Roteiro da Foz das Aceas

Os bosques galegos son berce de contos fantásticos con infinitos misterios. As Aceas non é a excepción e garda no seu interior secretos, como a Cova de Gaspar, onde segundo relatan os aldeáns refuxiouse un home con ese nome durante a Guerra Civil española para poder salvar a vida. Os sarriaos lembran As Aceas e a gruta como o lugar onde ían coas súas cuadrillas cando eran mozas para pasar as tardes de verán. Hoxe converteuse no roteiro máis visitado e preferido para camiñar, relaxarse e gozar da natureza.

3
0