A Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria organiza a Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais “Vila de Sarria”, un encontro que reúne persoas de todas as idades arredor da arte do encaixe e das labores tradicionais. A actividade mantén viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e promove o relevo entre novas artesás e artesáns, reforzando a continuidade dun saber que xa forma parte da identidade cultural sarriá.
