“É a festa oficial do Concello de Sarria e celébrase o domingo seguinte ao Corpus Christi. A véspera realízanse alfombras florais na Rúa Maior, desde a Igrexa de Santa Mariña ata a Igrexa de San Salvador, para que sobre elas pase a procesión.
A elaboración das alfombras é un traballo duro e arduo pero recofortante, no que todo o que o desexe é ben recibido. Son moitas as persoas, inclúidas as peregrinas e peregrinos, que botan unha man ese día, pero o traballo previo, de deseño e preparación do material precisa moitas horas e esforzo, polo que a colabración previa, de cando menos un mes antes, é benvida por parte das alfombristas sarriás.”
