Saltar ao contido

O Radar do Camiño

A primeira ferramenta pública de previsión de masificación do Camiño de Santiago. Dicímosche qué semanas e qué tramos dos últimos 100 km irán máis cheos antes de que reserves.

162.038

peregrinos comezaron aquí o seu Camiño en 2025. 1 de cada 3 peregrinos do mundo empeza en Sarria: por iso este Radar é posible, e por iso o publicamos.

Fonte: Oficina do Peregrino de Santiago, informe 2025.

Radar do Camiño

De tódolos camiños, todos a Compostela

76 países · un só destino: Sarria

90.127 peregrinos no rexistro con desglose por país. Arrastra para xirar · roda para zoom.

—

—

—

Datos: Oficina do Peregrino (Santiago de Compostela), rexistro 2019 — meses con desglose por país dispoñible. Sarria · 42.78° N, 7.41° O
Top países do rexistro (2019)
PaísPeregrinos% do rexistro
Spain47,95734.8%
Germany13,1439.5%
Portugal9,4086.8%
United States of America9,4036.8%
Italy9,3696.8%
United Kingdom4,5053.3%
France3,9282.9%
Ireland3,8632.8%
South Korea3,5702.6%
Brazil3,1322.3%
Australia2,4241.8%
Canada2,2451.6%

Qué semana che toca? O semáforo do último 100 km

Previsión de peregrinos por día que saen de Sarria (estimación para 2026, orientativa)
MesPrevisiónPeregrinos / día dende SarriaQué esperar
XaneiroVerde~25Camiño tranquilo; algunha etapa con néboa ou xeada.
FebreiroVerde~35Tranquilo; días curtos: leva lanterna frontal.
MarzoÁmbar~130Comeza a tempada; a Semana Santa concentra moita xente.
AbrilÁmbar~380Movido e chuvioso: albergues con cola á primeira hora.
MaioÁmbar~620Alto. Reserva con antelación e sai cedo.
XuñoVermello~750Moi alto: reserva cama antes de saír.
XulloVermello~850Dos meses máis cheos do ano.
AgostoVermello~1.030O pico do ano en todo o último 100 km.
SetembroVermello~770Segue en pico; melloraría a partir da 2ª quincena.
OutubroÁmbar~535Baixa; a primeira quincena aínda concorrida.
NovembroVerde~120Tranquilo; días curtos e choiva frecuente.
DecembroVerde~45O Camiño máis silencioso; algúns servizos reducidos.

Verde tranquilidade · Ámbar concorrido: planifica horarios · Vermello masificación probable: reserva antes de saír.

A cifra estima só a quen comeza a camiñar en Sarria. O tramo Sarria → Portomarín concentra a case todos eles; os tramos seguintes (Palas de Rei, Melide, Arzúa) acumulan ademais a quen sae de Portomarín e de rutas anteriores, así que van aínda máis cargados nos meses vermellos.

E a qué hora amece cando saias?

A maioría dos peregrinos saen antes do amencer. Isto é o que te vas atopar o día 15 de cada mes:

Hora do amencer en Sarria (día 15 de cada mes)
XanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDec
07:5807:2806:4305:4905:0804:5105:0505:3606:0906:4307:2107:53

Cómo calculamos o Radar

Metodoloxía e fontes (abrir)
  • Serie histórica oficial: peregrinos mensuais que recibiron a Compostela, serie 2004–2019 da Oficina do Peregrino de Santiago (consultada na súa web oficial).
  • Datos recentes verificados: 530.987 compostelas en 2025 e 162.038 saídas dende Sarria (30,5% do total), segundo o informe anual da Oficina do Peregrino.
  • Método: a forma estacional media dos anos completos 2014–2018 escálase ao total real de 2025 e repártese polos días do mes.
  • Validación: para setembro de 2025 o modelo estima 76.000 peregrinos fronte aos 81.535 reais publicados: un erro de ~7%, asumible para unha previsión orientativa.

O que o Radar non é: non é tempo real, non di qué camas quedan libres (os albergues privados xestionan a súa dispoñibilidade; na oficina de turismo orientámoste sobre a rede pública) e non substitúe a túa reserva. É unha brúxula estatística para elixir a túa semana. Actualizamos as cifras cada trimestre.

Xa tes a túa semana? Asina o Compromiso do Peregrino antes de saír, e despois déixalle unha carta a quen veña detrás.