Roteiro Foz das Aceas

Roteiro das Aceas

Roteiro que discorre á beira do río Sarria e ao que se accede desde o centro da vila. Sinxela e segura ruta circular de 6 kilómetros en pleno bosque autóctono (castiñeiros, carballos, amieiros, pradairos..).e berce de contos fantásticos con infinitos misterios. As Aceas garda no seu interior secretos, como a Cova de Gaspar, onde segundo relatan os aldeáns refuxiouse un home con ese nome durante a Guerra Civil española para poder salvar a vida. Os sarriaos lembran As Aceas e a gruta como o lugar onde ían coas súas cuadrillas cando eran mozas para pasar as tardes de verán. Hoxe converteuse no roteiro máis visitado e preferido para camiñar, relaxarse e gozar da natureza.