Vila Aurelia (Sociedad Recreativa La Unión)

Vila Aurelia

A Unión, sociedade cultural e recreativa fundada en 1919, é un referente da vida social de Sarria. Dende 1931 ten a súa sede en Villa Aurelia, edificio e xardíns adquiridos en 1965, converténdose nun símbolo da convivencia e participación cidadá. Outra das casas señoriais do século XIX é a coñecida como «Quinta dos Madrileños», impulsada tamén polo industrial chocolatero Venancio Vázquez.