Blues no camino

A terceira edición do Sarria & Blues no Camiño estará especialmente dedicada ao blues feito en Galicia


O festival de músicas afroamericanas que se celebrará do un ao catro de agosto en distintos escenarios da vila, aposta nesta edición  por unha programación integrada maioritariamente  por bandas de orixe galega, coa intención de converter o Sarria & Blues no Camiño  nun escaparate do traballo dos nosos músicos. Como xa é habitual, estarán representados os distintos estilos do blues e a música afroamericana en xeral, desde o máis tradicional ao máis urbano e electrificado.

Os concertos comezarán o xoves día un no Malecón ás 21:30h, coa actuación de The Blues Moonshiners e  Javier Turnes & The Hakemen.

The Blues Moonshiners son un trío de blues rural tradicional que eles mesmos definen como «blues anello de destilación ilegal». Seguindo o vello patrón de guitarra, harmónica e percusión con instrumentos rudimentarios, son unha banda cunha divertida e enérxica posta en escena que destila un repertorio de country- blues e música folk de raíz afroamericana.
Javier Turnes & The Hakemen é un cuarteto de blues & soul liderado polo antigo frontman da Bakin Blues Band, creador do festival Fisterra Bues Experience  e un profundo coñecedor  da música afroamericana, que compartiu escenario con estrelas nacionais e internacionais do xénero. A banda cultiva un estilo cargado de Groove, cun impactante directo.

O venres día dous o escenario será o Meigallo, onde actuarán, a partir das 21:30 hC.T. Powell e Martins Aneiros Band.

C.T. Powell é o nome artístico de Ciara Thornton–Powell, a filla da estrañada cantante afroamericana Velma Powell, fincada durante décadas en España e falecida en 2023. Ciara é unha cantante de forte presenza escénica e unha voz cargada de matices, cun amplo repertorio que vai desde o blues ao soul, pasando polo góspel e o jazz. Está apoiada pola veterana formación Bluedays, que acompañou durante anos á súa nai e coa que puxo en pé este novo proxecto.
Martins Aneiros Band é a da cantante Paula Martins e  Victor Aneiros, un histórico do panorama blusero galego, que domina especialmente o son do Chicago Blues e que adaptou ao xénero a clásicos da literatura galega. Nesta ocasión presentan o seu primeiro disco xuntos, Rain, cargado de blues, soul e rock.

O sábado tres celebrarase un pasarrúas pola Rúa da Liberdade ao estilo de Nova Orleans, coa música de The Dixie Blinders e a Banda Municipal de Sarria, desde as 19:30 horas.

The Dixie Blinders son unha formación sarriá integrada por músicos cunha longa experiencia de música rueira, coa súa formación irmá, A Louband, que interpretan fundamentalmente música dixie e jazz tradicional ao estilo das marching bands de Nova Orleans, un estilo que tamén interpretará a Banda Municipal de Sarria, con repertorio especialmente preparado para a ocasión.

O festival concluirá o domingo coa proxección do documental Cropper Bottom Blues na Casa da Cultura ás 19:00 h. e  a tradicional festa de despedida na Rúa dá Música desde as 21:30 h..

2023 https://sarriabluesnocamino.es/es/

https://youtu.be/31_X72EdjuY?si=hVUNjv4HWyxRrjWB

 

 

2022 https://sarriabluesnocamino.es/es/2022/

Blues 2022

 

https://youtu.be/dPn-GJZ7Soc?si=Kzlq7yxlgNyJFurK

https://youtu.be/yCfSPqknFJM?si=GZLQFlTxz8GdixTA

  A terceira edición do Sarria & Blues no Camiño estará especialmente dedicada ao blues feito en Galicia O festival de músicas afroamericanas que se celebrará do un ao catro de agosto en distintos escenarios da vila, aposta nesta edición  por unha programación integrada maioritariamente  por bandas de orixe galega, coa intención de converter o Sarria […]