Anhelos. Exposición fotográfica.

Anhelosr

A Antiga prisión preventiva, sede da Oficina de Turismo do Concello de Sarria, acollerá, entre o 5 e o 20 de marzo, a exposición fotográfica ANHELOS.

 

A Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Sober, por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, elaborou este proxecto, exposición fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional.
Anhelos xurde e lévase a cabo coa finalidade de reflexionar sobre a necesidade de deconstruir o modelo de masculinidade dominante e sobre a importancia de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos mais libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”.
Para elo, e, como medio, empregouse a fotografía: 19 fotos nas que aparecen 34 homes e 7 mulleres entre os que podemos atopar ao alcalde do concello de Sober, Luis Fernández Guitián.
E como o proxecto anterior, INMARCESIBLES, tendo en conta que a loita pola Igualdade é unha loita conxunta, que non entende de territorios nin de partidos políticos, ANHELOS é unha exposición itinerante que chega ahora a Sarria, precisamente no mes da muller e coincidindo con outra exposición fotográfica na Casa da Cultura, Cuir, de Zoe Vixión, na que reflexiona sobre os dereitos humáns, a diversidade e o respecto.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *